jueves, 26 de marzo de 2015

TALLER DE CALIGRAMAS para nen@s
Un caligrama é un escrito, polo xeral poético, no que a disposición tipográfica procura representar o contido do poema. Unha poesía con forma. Un poema visual no que as palabras conforman unha personaxe, un animal, unha paisaxe, obxectos imaxinados, conceptos ou ideas.

A actividade realizarase en dúas sesións e dous lugares diferentes, Acume e Tallanumen. O primeiro día, en Acume, traballarán o contido e o texto poético. Na segunda sesión, en Tallanumen, daranlle forma a representación do escrito, das palabras ou suxerencias do poema.

A letra con arte entra! ;)

11 e 18 de abril
de 16.30 a 18.30
a partir de 8 anos
20 € (material incluído)
máis información
986 07 88 99 / 986 12 75 94
info@acume.es / info@tallanumen.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario